Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 11 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o espectáculo "Daimon y la jodida lógica", de Matarile Teatro. Na rolda tamén estarán Ana Vallés e Baltasar Patiño, directores artísticos.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, para presentar a memoria de actividades do 2019 de Protección Civil e o 24 aniversario da agrupación.

14.15 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita o Colexio Maior La Estila.

Artellando feminismo
IV MUFEST. Festival de Cine feito por Mulleres
Museo das Peregrinacións
18.00 h Proxección de curtas da Selección Oficial
19.30 h Proxección do documental "Tiempo suspendido", de Natalia Bruschtein.

Compartir: