Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 10 de marzo

10.00 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social (Rúa de Manuel María, 6. Salgueiriños). A concelleira de Políticas de Igualdade, Noa Díaz, participa na inauguración da xornada "Mulleres con discapacidade ante a violencia. Estamos protexidas?", organizada por CERMI Galicia.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Noa Díaz, para presentar a XX Campaña municipal de animación á lectura e o XIII premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Na rolda tamén estará o director de Kalandraka Editora, Xosé Ballesteros.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; do presidente de AJE Galicia, Luciano Covelo; e da directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, para presentar o Foro empresarial AJE Galicia 2020.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, Mila Castro, para presentar as bases da convocatoria de concesión de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para persoas con dificultades de mobilidade ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo.

12.30 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas". Asiste tamén o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire.

Artellando feminismo
IV MUFEST. Festival de Cine feito por Mulleres
Museo das Peregrinacións
18.00 h Presentación Mufest. Asiste a concelleira de Políticas de Igualdade, Noa Díaz.
18.15 h Mesa redonda: Encontro de festivais de cine feito por mulleres
20.00 h Proxección do documental "Hotel Explotación", de Georgina Cisquella.

Compartir: