Previsións informativas para o xoves 31 de agosto
10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Economía, Facenda e Modernización da Administración local, Manuel César, sobre asuntos económicos.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e do presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, para presentar o torneo de ámbito nacional 3x3 Camiño de Compostela que se vai desenvolver o sábado 2 e domingo 3 de setembro na praza Europa de Área Central.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar a programación de actividades para o curso 2023-24 dos centros socioculturais.
14.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción a un grupo de 12 adolescentes diagnosticados con TEA da asociación "Mulino Sambuy" de Turín (Italia), que está a realizar a segunda edición do proxecto Camminautismo. GRÁFICOS.