Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 4 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, para presentar o programa Artellando Feminismo, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

20.00 h
No Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición «Dona Emilia e Compostela», organizada polo Ateneo de Santiago.

Compartir: