Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 8 de xullo

10.30 h
Na sede de Uninova (Edificio Emprendia, Campus Vida, s/n), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a Xornada de presentación das novas licitacións de Compra Pública Precomercial do proxecto Smartiago.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, para presentar a nova web do CIM (Centro de Información á Muller).

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar as bases do Premio Exeria de proxectos de creación literaria. Na rolda tamén estará a poeta Yolanda Castaño.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar o programa das Festas do Apóstolo 2021.

NOTA: as roldas retransmitiranse por streaming a través da páxina web municipal.

20.00 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Casiano Mouriño e con Suso Vaamonde, músico solista.

20.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, concerto de Vasco da Ganza e Nuno O, dentro da programación de ‘Colapsoloxías’.

Compartir: