Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 28 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, para presentar o Festival C, que organiza Compostela Cultura para o mes de agosto.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina os convenio de colaboración con seguintes entidades sociais: FEAFES Galicia, Don Bosco, Aspanaes, Fundación Andrea, Fundación Down Compostela e Cáritas Diocesana.

13.00 h
Día de Padrón en Santiago
13.00 h Encontro das corporacións diante dos soportais de Raxoi.
13.10 h Intervención dos alcaldes de Padrón e Santiago no Salón Nobre.
13.20 h Saída aos balcóns para presenciar as actuacións das bandas de música.

De 17 a 20 h
Na Sala de Exposicións do Auditorio de Galicia, CoLAB ‘Disposofonias' con Henrique Fernandes, Gustavo Costa e Rodrigo Araya, dentro da programación de ‘Colapsoloxías’.

20.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, concerto con Entropies and Mimetic Patterns (Gustavo Costa) e Carte Blanche (Henrique Fernandes e Rodrigo Araya), dentro da programación de ‘Colapsoloxías’.

Compartir: