Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 12 de xullo

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ramón Quiroga sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

NOTA: as roldas retransmitiranse por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitan o parque empresarial da Sionlla (coordenadas: 42.905150,-8.503454).

De 17 a 18.30 h
Na Sala de Exposicións do Auditorio de Galicia, CoLAB Escoitas Fonográficas con Colapso Colectivo (Che Garrido e Xoán-Xil López), dentro da programación de ‘Colapsoloxías’.

Compartir: