Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 4 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.50 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación da "Estratexia de consolidación do sector biotech galego: do impulso cara á consolidación. Dúas estratexias e un sector", dentro do acto de presentación da Estratexia de Consolidación do sector biotecnolóxico de Galicia para o periodo 2021-2025, organizado pola Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

17.00 h
No IES Xelmírez II (rúa dos Irmandiños, 15, Salgueiriños), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de celebración do 175 aniversario do centro.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Los rastreadores’ con Ortiga & Grande Amore, dentro da programación musical de Compostela Cultura.

20.30 h
No Teatro Principal, Producións Teatrais Excéntricas presenta ‘Estrela do día’ de Quico Cadaval, dirixida por Marcos PTT Carballido e con Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira, Rocío González e Evaristo Calvo. Dentro de ‘Viva a escena!’, a programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Compartir: