Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 25 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, para presentar as actividades Compostela Natura. Na rolda tamén estará Manuel Allegue Piñeiro, da entidade Ribeirán.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

17.00 h
En Mérida, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Un pecado cheo de pracer’ con Vertixe Sonora dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: