Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 23 de xuño

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local. Na rolda tamén estará Xosé Quintáns, veciño do rural compostelán.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, da concelleira de Acción Cultural e Igualdade, Mercedes Rosón, e do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, para presentar Compostela diversa.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, e do concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, para presentar o programa ELOS, Fálame Galego.

NOTA: todas as roldas serán retransmitidas por streaming a través da páxina web municipal.

12.40 h
Na praza Roxa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, visita a mesa petitoria da Asociación Española contra o Cancro e saúda o seu presidente, Francisco Pais.

13.00 h
No Teatro Principal, acto de recoñecemento do Concello ao persoal docente xubilado no curso escolar 2020-2021

Compartir: