Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 21 de xuño

9.30 h
No Salón Verde, consello de administración de Uninova.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co doutor Manuel Bustamante para tratar a organización do XXIV Congreso da Asociación Española de Coloproctoloxía.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

17.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Usuarios do Cementerio de Aríns.

19.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Elas fan ópera’, charla coa musicóloga Rosa María Fernández, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: