Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 17 de xuño

11.00 h
Na Catedral de Santiago, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación das obras de restauración da escalinata, reixería e cripta do Pórtico da Gloria na fachada occidental da Catedral.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, para presentar os actos con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas. Tamén estarán na rolda Cristina Bandín Potel e María do Carme Díaz, representantes da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o caderno "A Compostela de Emilia Pardo Bazán". Na rolda tamén estará a historiadora Mercedes Vázquez Bertomeu.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

17.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de despedida da XX edición do Concurso de Patrullas da Brilat, así como na entrega de premios.

20.00 h
Na Praza das Praterías, ‘De ritmos e melodías’, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Contradicións’, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Dirixidos por Diego García Rodríguez, o programa estará dedicado a mulleres compositoras e unha delas, Raquel García-Tomás estará presente na sala.
NOTA: Antes do concerto, ás 19.30 h, haberá un encontro co público xunto a Diego García e Raquel García-Tomás.

Compartir: