Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o sábado 5 de maio
9.00 h
Na Praza de Europa (Área Central), a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á saída da XIV Andaina dos 50km Santiago de Compostela.
11.30 h
No Salón Nobre, recepción á promoción da Licenciatura de Ciencias Económicas e Empresariais 1973-78 da USC con motivo do seu 40 aniversario.
12.30 h
Na Galería Sargadelos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á clausura da Campaña de Animación á Lectura.
16.00 h
No Campo das Cancelas, a concelleira de Deporte, Noa Morales, participa na Copa Shield de fútbol gaélico.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Luz Casal, que presenta "Que corra el aire".
20.30 h
No Teatro Principal, a Dani Pannullo Dancetheatre Co. presenta "Avalanche" dentro do ciclo de Teatro & Danza.