Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 26 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Marta Lois para presentar "A rúa é nosa. Territorio xogantín".

11.30 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asina convenios de colaboración con COLEXIO DE AVOGADOS e a PLATAFORMA POLO EMPREGO.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o concerto que ofrecerá a Banda Municipal de Música e Treixadura dentro das Festas do Apóstolo.

13.00 h
Día de Padrón en Santiago
Encontro das Corporacións de Padrón e Santiago na Praza do Obradoiro
Intervención do alcalde de Padrón e do alcalde de Santiago no Salón Nobre
Actuación das Bandas Municipais de Música de Padrón e Santiago

18.30 h
"Monicreques en Ruta: con Valle-Inclán por Santiago". Punto de encontro: estatua de Valle-Inclán no Paseo da Ferradura, na Alameda. Haberá visitas os seguintes días: no mes de xullo do 1 ao 7 e do 26 ao 31. No mes de agosto o 1 e 2, e do 27 ao 31.

Compartir: