Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 5 de maio

9.00 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do XV Congreso Internacional de Infancia Maltratada.

9.45 h
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura o III Congreso de AGALIN.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras, Javier Fernández, para facer balance das obras que se están a desenvolver na cidade.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

17.00 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración do II Encontro Mundial de Médicos Galegos

19.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á estrea da reportaxe audiovisual "Deporte en Igualdade"; unha peza na que varios clubs, entidades e persoas vencelladas ao deporte compostelán reflexionan sobre o valor da igualdade na práctica deportiva.

Compartir: