Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 31 de maio

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes as sesións extraordinaria e ordinaria dos días 23 e 28 de abril de 2022.
2.- Aprobación do expediente de crédito extraordinario núm. 2022-CREXT-02 por importe 349.504,04 euros financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2021.
3.- Aprobación do expediente de crédito extraordinario núm. 2022-CREXT-03 por importe 789.468,81 euros financiado co RLTGX 2021, levantamento de reparos de competencia plenaria e o REC para aprobar unha parte dos gastos rexistrados na conta 413.
4.- Aprobación do expediente de crédito extraordinario 2022-CREXT-04 por importe de 1.776.025,67 € financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do exercicio 2021.
5.- Aprobación do expediente de crédito extraordinario núm. 2022-CREXT-05 por importe de 3.998.833,46 euros para pagamento de Sentenza sobre liquidación transporte urbano.
6.- Aprobación do expediente de suplemento de crédito 2022-SUPLE-04 por importe de 58.206,72 € financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do exercicio 2021.
7.- Aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos. Iluminaciones Santiaguesas. Anualidade 2021.
8.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA sobre a situación do contrato e a das traballadoras do servizo de axuda no fogar.
9.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para mellorar os espazos públicos no barrio do Avío, A Torreira e O Romaño.
10.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para habilitar un programa mediante códigos QR e Navilens para mellorar a sinalética e ofrecer información sobre o nomenclátor das rúas e roteiros destacados.
11.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a elaboración e tramitación dun regulamento de usos de espazos emblemáticos da cidade.
12.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA sobre a situación do barrio das Fontiñas para a implementación de medidas específicas para a súa mellora.
13.- Designación de representantes do grupo municipal do Partido Popular en distintas comisións.
14.- Dar conta do informe resume dos resultados das actuacións de control executadas pola intervención xeral municipal. Exercicio 2021.
15.- Dar conta do informe de intervención xeral municipal de control financeiro das axudas concedidas ao abeiro da Ordenanza de garantía básica.
16.- Dar conta do informe de intervención xeral municipal de control financeiro permanente de proxectos de gasto.
17.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
18.- Solicitude presentada polo grupo municipal de Compostela Aberta de comparecencia sobre o Plan de Contratación de 2020 e as previsións do goberno sobre o Plan de Contratación de 2022.
19.- Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelacións:
1.- Formulada por CA sobre as subvencións ao transporte federado correspondentes aos exercicios 2021 e 2022.
2.- Formulada polo PP sobre o proxecto para a construción dun complexo deportivo en Sta. Marta.
Rogos:
1.- Formulado por CA para que se leve adiante o rebaixe de beirarrúas no entorno do CEIP Ramón Cabanillas
2.- Formulado polo BNG sobre afectación de árbores no río Sarela.
3.- Formulado polo BNG para mellorar a seguranza viaria na Almáciga.
4.- Formulado polo BNG para a inspección da empresa concesionaria de recollida de residuos.
5.- Formulado polo PP para levar a cabo un maior control na concesión e uso das hortas urbanas.
6.- Formulado polo PP para que se rehabiliten os aseos do parque de Xixón.
7.- Formulado polo PP para a limpeza de pintadas e substitución de bancos no parque de San Caetano e na rúa Otero Pedrayo.
8.- Formulado por CA para que se contrate a limpeza dos baños interiores da dársena de Xoán XXIII.
9.- Formulado por CA sobre o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria e as demandas do Comité de Empresa de Urbaser.
Preguntas resposta oral:
Formulada polo PP sobre apertura do baño accesible integrado na concesión do quiosco da alameda. Pendentes da sesión plenaria ordinaria de abril.
Formulada polo PP sobre a parálise das obras de selado e clausura do vertedoiro de Aríns. Pendentes da sesión plenaria ordinaria de abril.
Formulada por CA sobre o cese da actividade no vertedoiro de Miramontes (pendente pleno abril). Pendentes da sesión plenaria ordinaria de abril
1.- Formulada por CA sobre a rehabilitación e cesión dunha casa de titularidade pública para usos socioculturais en Conxo.
2.- Formulada por CA sobre a licitación do plan municipal de xuventude.
3.- Formulada polo BNG sobre as liñas de autobuses 6, 6A e 12, para corrixir os desaxustes e adecualas á necesidade dos intervalos horarios de paso cada 15 ou 20 minutos.
4.- Formulada polo BNG sobre instalacións deportivas, parque xerontoinfantil, campo da festa e espazo de lecer no lugar do Meixonfrío.
5.- Formulada polo BNG sobre o persoal do Servizo de Axuda no Fogar.
6.- Formulada por CA sobre as prestacións de rescate social de pobreza enerxética da ordenanza de garantía básica.
7.- Formulada polo PP sobre as actuacións previstas polo concello para mellorar os accesos aos polígonos da Sionlla e Costa Vella.
8.- Formulada polo PP sobre as previsións de apertura dos centros BTT da Susana e Amio.
9.- Formulada polo PP sobre os labores de roza e limpeza na beira da liña férrea entre a rúa Clara Campoamor e as Fontiñas.
Preguntas resposta escrita:
1.- Formulada polo PP sobre a situación dos contedores de recollida de lixo nas inmediacións da Praza Roxa.
2.- Formulada por CA sobre a instalación dunha gasolineira no espazo residencial de Brandía.
3.- Formulada por CA sobre as obras de conservación e mantemento nos CEIPS de Santiago.
4.- Formulada polo BNG sobre os criterios técnicos para instalar unha plataforma loxística con actividade industrial nunha parcela de equipamentos comunitarios.
5.- Formulada polo BNG sobre o transformador de Naturgy situado na praza do Toural.
20.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.- Presentada por CA polo desenvolvemento dunha programación de actividades saudables nos parques durante o verán.
2.- Presentada polo BNG para denominar "Hospital Ramón Baltar" o Hospital Provincial de Conxo.
3.- Presentada por CA para facer efectiva a liña de axudas á cooperación prevista para o ano 2022 e para reactivar o Consello Municipal de Cooperación.
4.-Presentada polo BNG para optar ao título de Santiago de Compostela, Cidade Europea do Deporte.
5.- Presentada polo BNG para facer efectiva a liña de axudas prevista para a Coordinadora de ONGD e reactivar o Consello Municipal de Cooperación.
6.- Presentada polo BNG para organizar unha media maratón en Santiago de Compostela.
7.- Presentada polo PP para a inmediata licitación do proxecto de vía verde entre a Sionlla e Oroso e a redacción do proxecto para a súa conexión coa cidade de Santiago.
8.- Presentada polo PP para o acondicionamento e posta en valor das áreas recreativas de Chaián e o Refuxio, na ribeira doTambre.
9.- Presenta po CA polo fomento da vivenda pública e para a ampliación do parque de vivenda social a través da cesión de vivendas da SAREB.

Compartir: