Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 3 de maio

11.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, reciben a Reyes Abad e Cristina Fernández, en representación do grupo de usuarios de Renfe afectados polo funcionamento do servizo de media distancia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, para presentar o programa de actividades dos centros socioculturais "Cativadas e Clubs de Verán", dentro de Vive o Verán.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co presidente de Alumni USC, Agustín Pena.

18.00 h
Na Oficina do Consulado Honorario de Bulgaria en Santiago (rúa Ramón Cabanillas, 14, 1ºD), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración das instalacións.

19.00 h
No Salón Teatro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, asisten á presentación do documental "Os segredos do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela", dirixido por Pablo Soto Goluboff e Ruth Varela.

Compartir: