Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 29 de maio

11.00 h
Na carballeira de Conxo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e membros da Corporación asisten á Festa do Banquete.

Festa do Banquete
11.00 h Alá van estudantes e artesáns. Desfile teatral desde o centro de Santiago (inicio na praza do Toural) ata Conxo. Dirixen: Os Quinquilláns. Participan: Os Quinquilláns, grupo de teatro de Vite, Grupo de Teatro Mediogüevo-Cavort, grupo de teatro IES Xelmírez I e IES Xelmírez II, grupo de teatro IES Brión, grupo de teatro da Rocha, Elisa Barreiro e Moncho Budiño, Centro do Romaño, Luis "O Caruncho", coro e grupo de teatro da Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, Grupo Inllar, Eva Armental e Dulcinea López.
13.00 h Baixamos ao bosque do Banquete. Continuación do desfile teatral ata a Carballeira de Conxo. Os Quinquilláns acompañados polo grupo Os Fondaos do Pífaro e diversos colectivos. Praza de Conxo.
13.30 h Actuación de "A música de Cecebre". Carballeira de Conxo.
14.00 h Pregón da Festa do Banquete. A cargo de María Dolores Domínguez Santos (Madó) do Castiñeiriño e Iria Portos Conde de Laraño. Carballeira de Conxo.
14.15 h Recreación teatral do Banquete de Conxo. Os Quinquilláns. Carballeira de Conxo.
15.00 h Xantar e romaría popular, con brindes de veciñas e veciños. Carballeira de Conxo.
16:30 - 19:00 h Xogos tradicionais, con teatro e música, baseados na cultura agraria. Unha actividade que dará a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da fauna local. Destinado a público familiar. Carballeira de Conxo.
17.00 h O Serán da Fraternidade. Foliada de música tradicional con Os Fondaos do Pífaro e Muiñeiros do Sarela. Carballeira de Conxo.
19.30 h Despedida da Festa do Banquete 2022 e convite á seguinte edición. Discursos a cargo de Os Quinquilláns e pregón de peche a cargo de Suso de Toro.

Festas da Ascensión
10 h
Alborada dos Enxebres de San Lázaro
12 h
Espectáculo de monicreques, clown e pantomima "Xan Perillán compra queixo, compra pan", de Os Monicreques de Kukas, na Alameda. + 3 anos / 45 minutos.
Escolas de baile tradicional
PRAZA DE SANTO AGOSTIÑO
12 h · Grupo de baile e música tradicionais Brincadeira
12.30 h · Agrupación Folclórica Colexiata do Sar
13 h · Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
13.30 h · Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia
PRAZA DO TOURAL
12 h · Agrupación Folclórica Colexiata do Sar
12.30 h · Grupo de baile e música tradicionais Brincadeira
13 h · Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia
13.30 h · Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
PRAZA DE CERVANTES
12 h · Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia
12.30 h · Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
13 h · Grupo de baile e música tradicionais Brincadeira
13.30 h · Agrupación Folclórica Colexiata do Sar
PRAZA DO OBRADOIRO
12 h · Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
12.30 h · Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia
13 h · Agrupación Folclórica Colexiata do Sar
13.30 h · Grupo de baile e música tradicionais Brincadeira
18 h
O baúl de Barriga Verde
Títeres Cascanueces
Luva clásica, monicreques planos e cachaporra
A personaxe Barriga Verde percorreu toda Galiza da man da familia Silvent durante o século pasado. Nesta nova versión, da man do monicrequeiro cubano afincado en Compostela Lázaro Duyos, chega a Compostela co mesmo espírito enxeñoso e retranqueiro que no seu día encheu de risa a crianzas e maiores.
Todos os públicos / + 3 anos / 45 minutos
· ALAMEDA ·
18 h
II Certame coreográfico Compostela
Danza contemporánea
Entrada: Retirada previa de convite no despacho de
billetes do Teatro Principal desde as 16 h.
· TEATRO PRINCIPAL ·
19 h
Xoldra na Eira
David Fiuza, director da BMSC
Actuación da Banda de Gaitas de Forcarei coa Banda
de Música Municipal de Santiago de Compostela.
· PRAZA DA QUINTANA ·

Compartir: