Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 27 de maio

18.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega dos galardóns "Profesional Colexiado do Ano", outorgados por Unión Profesional de Galicia.

20.30 h
En San Martiño Pinario, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel.

FESTAS DA ASCENSIÓN

10 h – 12 h
Alborada a cargo da AC Armadanzas

18 h
O baúl de Barriga Verde
Títeres Cascanueces
Luva clásica, monicreques planos e cachaporra
A personaxe Barriga Verde percorreu toda Galiza da man da familia Silvent durante o século pasado. Nesta nova versión, da man do monicrequeiro cubano afincado en Compostela Lázaro Duyos, chega a Compostela co mesmo espírito enxeñoso e retranqueiro que no seu día encheu de risa a crianzas e maiores.
Todos os públicos / + 3 anos / 45 minutos
· ALAMEDA ·

19 h
Concerto dos coros históricos de Galiza
Coro Cántigas da Terra, Coral de Ruada, Real Coro de Toxos e Froles e Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos
· PRAZA DA QUINTANA ·

20.30 h
XLV Torneo da chave
· ALAMEDA. A carón da escola infantil de Santa Susana

21 h
Páxaros no cabo
Pista Catro
Ficha artística: Aitor Garuz, Nacho Muñoz, Raquel
Oitavén, Paula Quintas, Mercè Solé
Dirección: Clara Gayo
Dirección de movemento: Ruth Balbís
Retirada de convites no pavillón das Fontiñas de 17 h - 21 h
Circo / Idade recomendada: + 8 anos / 75 minutos
· PAVILLÓN DAS FONTIÑAS ·

22 h
Orquestra MIRAMAR
· ALAMEDA ·

22 h
Dios Ke Te Crew
Presentación do novo EP
Prezo: 15 € anticipada en www.enterticket.es e 18 € en
despacho de billetes
· SALA CAPITOL ·

Compartir: