Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 24 de maio

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños; do xerente de Tussa, José Ramón Mosquera; do director de Relacións Institucionais e Proxectos Estratéxicos de HM Hospitales en Galicia, Rafael Silva; e da directora médica de HM Hospitales en Galicia, Pilar Múgica, para presentar o proxecto "Os minutos da vida", polo que o Instituto Policlínico da Rosaleda prestará formación sobre reanimación cardiopulmonar (RCP) e primeiros auxilios ao persoal da ORA.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Circular), ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar as Xornadas de Música Contemporánea. Tamén asisten Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Pilar Murias, vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC; Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea; e Ana Comesaña, directora artística da Joven Orquesta Nacional de España (JONDE).
(ROLDA PRESENCIAL).

Compartir: