Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 23 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o novo ciclo de concertos da Banda Municipal de Música. Na rolda tamén estará o seu director, David Fiuza.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, saúda os rapaces e rapazas do CEIP Plurilingüe Bragade de Cesuras, do concello de Oza-Cesuras, que percorrerán un tramo do Camiño de Santiago e interpretarán na Praza do Obradoiro un ciclo de cantigas creadas orixinalmente no centro educativo relacionadas co camiño.

19.00 h
No Salón Nobre, recepción á Tuna de Dereito tras obter o Premio Tuna Patrimonio 2022 do certame do Grupo Cidades Patrimonio de España.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños do Castiñeiriño.

Compartir: