Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 22 de maio

FESTA DO BANQUETE

(NOTA: os actos previstos dentro da Festa do Banquete para o domingo 22 cámbianse de data por mor do mal tempo. Celebraranse o domingo 29. Mantense a programación do Mercado do libro e da artesanía).

Mercado do libro e da artesanía
Praza Aurelio Aguirre
De 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30 h
12.00 h Libraría Aenea - Charla coa autora María Eiras e demostración de
ilustración sobre o libro En el nombre de la madre. Creación y Luz, de Luís
Rodríguez Cao.
17.30 h Ed. Ir Indo – Presentación do libro Florencio Delgado Gurriarán, de Tania
Pérez e Xosé Ramón Campos.
18.00 h Ed. Fervenza - Presentación dos libros Os Balbinos e Cen pezas do traxe
do Val da Ulla.
18.30 h Ed. Fervenza - Presentación dos libros Re-Encontros musicais. Homenaxe
aos músicos xubilados da BMSC (1993-2021) e Nas rúas de Compostela.
19.00 h Ed. Ir Indo – Presentación do libro Pepa a Loba, de Xosé Lois Ripalda.
20.00 h Chocolatada.
20.30 h Concerto de peche: OS D’ABAIXO.

20.00 h
No Auditorio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asisten á gala Retrincos, de celebración dos cen anos de Cantigas e Agarimos.

Compartir: