Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 21 de maio

12.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita o Mercado do Libro e da Artesanía, dentro da Festa do Banquete.

FESTA DO BANQUETE

10.00 h/11.00 h Baños do Bosque. Actividade inmersiva no Bosque do Banquete de Conxo. A cargo de "Bosques sin Fronteras". Habilítanse 12 prazas por quenda. Inscrición por orde de solicitude a través do correo electrónico bosque@santiagodecompostela.gal. Punto de partida: carballo do Banquete de Conxo.
12.00 h Paseo histórico polo Bosque do Banquete de Conxo de 1856. Guiado por Henrique Alvarellos. Inclúe paseo pola aldea e bosque de Pai da Cana. Adaptado a todos os públicos. Idioma: galego. Duración: 75 min aprox. Punto saída/remate: diante da igrexa de Conxo. Inscrición: roteirobanquete@santiagodecompostela.gal
12.30 h Roteiro en castelán e inglés polo Banquete de Conxo. Guiado por Susana Domínguez. Punto de partida: CSC Aurelio Aguirre de Conxo. Inscrición a través do correo electrónico rutabanquete@santiagodecompostela.gal
17.00 h A guerra en Ucraína e a paz. Mesa Redonda conducida por Nuria López, xornalista da CRTVG. Intervirán Miguel Cabo Villaverde, profesor de historia contemporánea da USC; Marcos Márquez Blanco, analista internacional, e representantes de AGA Ucraína e a Plataforma Galiza Pola Paz. CSC Aurelio Aguirre de Conxo.
19.00 h Concerto da Coral do Psiquiátrico de Conxo xunto coa Coral Amigos do Castiñeiriño, o Coro de Habaneras Rocha Forte e o Coro Crecente. Presentado por Manuel Abraldes, director do Coro Encaixe. Escalinata do Hospital Psiquiátrico de Conxo.
20.30 h A Festa da Poesía. Conducida por Marga Tojo. Coa participación musical de Bratzantifa, Hugo Guezeta, Su Garrido Pombo e as poetas Nuria Vil, Carlos da Aira e Mariña Maceiras. Praza Aurelio Aguirre.

Mercado do libro e da artesanía
Praza Aurelio Aguirre
De 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.30 h.
Xogos populares durante todo o día en horario de mercado.
12.00 h Ed. Ir Indo – Presentación do libro Amada Lola, de Elena Comesaña.
12.30 h Ed. Bululú – Presentación do libro María Casares, a impaciencia por
vivir, coas autoras María Canosa e Bea Gregores.
13.30 h Concerto sesión vermú: LOS JINETES DEL TRÓPICO.
17.00 h Presentación do libro Una muerte programada, de Ana Otero.
17.30 h Recital poético da Revista Pantano.
18.30 h Concerto musical familiar PAXARO AMIGO: MÚSICAS PARA A PAZ de
Mamá Cabra.
19.45 h Concerto MOMBOI.

Compartir: