Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 19 de maio

9.15 h
No Salón de Actos da Facultade Medicina da USC, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a I Xornadas sobre Innovación en Bosques Urbanos.

11.00 h
Na Fundación Granell, dentro dos actos con motivo do Día mundial dos Museos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no maratón de lectura adicado a José Rubia Barcia, que organiza a Fundación en colaboración da Biblioteca Municipal de Ferrol, depositaria dos fondos bibliográficos do Liceo Rubia Barcia. O libro de lectura deste maratón será Umbral de sueños, ilustrado por Granell.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras, Javier Fernández, sobre asuntos do seu departamento.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta María Rozas sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.30 h
Na Casa do Concello, recepción a un grupo de socios do proxecto europeo EPICAH, procedentes de Grecia, República Checa e Hungría, no que tamén se atopa o Eixo Atlántico.

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á Gala de Entrega do X Premio Internacional de Investigación Científica e Técnica Ramiro Carregal.

23.15 h
Na noite do xoves 19 de maio ao venres 20, simulacro de accidente no túnel do Hórreo.
NOTA: os medios que queiran tomar imaxes deben estar entre as 23.15 e as 23.30 h no punto de encontro: entrada de emerxencia situada na zona de aparcadoiro da estación de tren (a carón do ascensor). Fóra dese momento non se poderá acceder ao túnel.

Compartir: