Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 11 de maio

10.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar a web da Axenda Urbana. Na rolda tamén estarán os co-directores executivos do proxecto, María Cadaval e Santiago Lago.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o roteiro Compostela exiliada. Na rolda tamén estará o organizador, Óscar Senra.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, xuntanza da Comisión mixta de Peleteiro.

14.00 h
Na Casa do Concello, recepción ao Padroado, Consello Asesor e Comité Técnico da Fundación Inade, e galardoados e xurado dos Premios Galicia Segura.

18.30 h
No Pazo de Bendaña, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de lembranza cívica de Xulio Maside, organizado pola Plataforma cidadá Carlos Maside.

Compartir: