Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 6 de abril

9.30 h
No Hotel NH Collection, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto "Conversa: educación inclusiva, equitativa e de calidade". Ás 10.00 h, o concelleiro de Educación, Rubén Prol, participa na mesa redonda "A FP dual".

10.00 h
Na Casa do Concello, xuntanza da Comisión mixta de Peleteiro.

11.00 h
No Parlamento de Galicia, o concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, asiste ao acto de entrega das Medallas do Parlamento de Galicia 2022.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, para presentar a actividade "Camiñando a Santiago".
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: