Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de abril

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 5
de abril de 2022.
2.- Levantamento de reparo para pagamento horas extras á policía local e
bombeiros correspondentes ao ano 2020.
3.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para deseñar
actividades sobre a memoria do exilio e crear un programa de promoción do
audiovisual en lingua galega entre a infancia e a adolescencia.
4.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para mellorar a
transparencia nos procesos de selección de persoal e reducir a temporalidade no
concello.
5.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a mellora dos
servizos do aparcamento e da dársena da avenida de Xoán XXIII.
6.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA sobre a situación do
barrio de Conxo e para o deseño dun plan específico para a súa revitalización.
7.- Dar conta de informe de intervención xeral de avaliación do cumprimento do
obxectivo de estabilidade orzamentaria, exercicio 2021.
8.- Dar conta de informe de intervención xeral sobre o control de pagos a
xustificar e anticipos de caixa fixa, exercicio 2021.
9.- Dar conta de acordos contrarios a reparos e informes omisión función
interventora.
10.- Dar conta da resolución de aprobación da liquidación do orzamento ano 2021.
11.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da
Xunta de Goberno Local.
12.- Comparecencia en relación ao proxecto de desenvolvemento de plataforma
loxística.
13.- Rogos, preguntas e interpelacións.

Rogos:
1.- Formulado polo BNG sobre as labores de limpeza no estanque do parque do
Auditorio de Galiza.
2.- Formulado polo BNG para realizar labores de limpeza e mantemento de urxencia no palco de música e nos bancos da alameda.
3.- Formulado polo BNG para permitir o estacionamento de vehículos das persoas que
viven na rúa Altiboia na zona de residentes do aparcadoiro sito nesa rúa.
4.- Formulado por CA sobre publicación das axudas para actividades culturais.
5.- Formulado polo PP para que se convoque comisión mixta de garantía básica cidadá.
6.- Formulado por CA para a implantación do servizo de comedor escolar nas escolas
unitarias.
7.- Formulado polo PP para a mellora e ordenación da zona do campo de Sta. Marta.
8.- Formulado polo PP para ampliar a difusión e utilidade do "bono taxi".
9.- Formulado por CA para renovación de paneis informativos nas paradas do autobús
urbano.

Preguntas resposta oral:
1.- Formulada polo BNG sobre inspección á empresa concesionaria do servizo de
mantemento e conservación dos sistemas de control de tráfico.
2.- Formulada polo BNG sobre información á veciñanza dos Concheiros, Home Santo e Rodríguez de Viguri en relación aos cambios de mobilidade previstos para a zona.
3.- Formulada por CA sobre a correcta regulación da música ao vivo nos locais.
4.- Formulada polo BNG sobre reunións coa veciñanza de Meixonfrío.
5.- Formulada polo PP sobre apertura do baño accesible integrado na concesión do
quiosco da alameda.
6.- Formulado polo PP sobre a parálise das obras de selado e clausura do vertedoiro
de Aríns.
7. Formulado polo PP sobre o emprego de datos persoais con fins alleos ao interese da persoa cedente.
8.- Formulado por CA sobre o cese da actividade no vertedoiro de Miramontes.
9.- Formulada por CA sobre o centro de cultura gastronómica de Galicia.

Preguntas resposta escrita:
1.- Formulada polo BNG sobre sancións en relación coa ordenanza xeral de ruídos.
2.- Formulada polo PP sobre subvencións ao deporte federado.
3.- Formulada polo PP sobre horas extras impagadas á policía local e aos bombeiros.
4.- Formulada polo BNG sobre previsións de cobertura da praza de uxier do centro
sociocultural de Vite, vacante por xubilación.
5.- Formulada polo BNG en relación a queixas da veciñanza do Castiñeiriño e dos
centros educativos da contorna sobre edificios abandonados.

Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos
municipais:
1.- Presentada polo BNG para axilizar a licitación do servizo de comedores escolares
para os CEIP do concello.
2.- Presentada polo BNG para o arranxo do paso de peóns da rúa da Pastoriza e a
realización da terceira fase das obras dos Basquiños até a Praza da Paz.
3.- Presentada polo BNG para habilitar o canellón da contorna da Colexiata de Sar
para aparcadoiro nocturno a residentes.
4.- Presentada polo BNG para apoiar o comercio e hostalaría cunha campaña de
dinamización cultural na contorna da Praza da Inmaculada na cidade histórica.
5.- Presentada por CA pola publicación dunha axenda cultural que mellore a difusión
e a coordinación da programación cultural na cidade.
6.- Presentada polo PP para o acondicionamento do firme da entrada da vía da Prata
no concello e outras melloras en Angrois.
7.- Presentada polo PP para o acondicionamento e posta en valor da escola unitaria
da Devesa.
8.- Presentada por CA e BNG, para instar á Xunta de Goberno a revisar de oficio os
pregos de xestión da rede de centros socioculturais.
9.- Presentada por CA para reavaliar e consensuar a instalación dunha plataforma
loxística de reparto de mercadorías para a hostalaría.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Austria: ida e volta’, concerto da Real Filharmonía de Galicia con Javier Perianes, director e pianista. Dentro do Programa de Abono RFG-Auditorio de Galicia e do ciclo de piano Ángel Brage.

20.30 h
No Teatro Principal, Daniel Abreu presenta ‘El hijo', dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Compartir: