Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 26 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, e do concelleiro de Educación, Rubén Prol, para presentar o programa de actividades de conciliación para o verán.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e de Clara Rodríguez e Sara Alonso, de 7H Cooperativa Cultural, para presentar ‘Utópicas. Arte e Territorio’, un proxecto cultural para transformar Compostela desde a arte.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños Casa Agraria de MeixonFrío.

Compartir: