Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 22 de abril

9.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Uninova.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Xan Duro sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do grupo municipal popular sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
No Hospital Clínico Universitario de Santiago (Aula Magna do Edificio Docente Roberto Novoa Santos – USC), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de presentación da ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

13.20 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva e o Consello de Administración do ente interadministrativo. (SÓ GRÁFICO).

20.30 h
No Teatro Principal, Pecado de Hybris presenta ’Talaré a los hombres sobre la faz de la tierra', dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Compartir: