Previsións informativas para o martes 17 de xullo
10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Gonzalo Muíños, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o reitor da USC, Antonio López, asinan o convenio de colaboración entre o Concello e a Universidade de Santiago de Compostela no marco da iniciativa de compra pública innovadora Smartiago.
11.30 h
No parque de Cotaredo (Fontiñas), Mañás de circo nos parques, con Circo Chosco. Actividade de balde.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o Día do Traxe Galego, dentro das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén estarán Pilar Astray, presidenta da Asociación do Traxe Galego, e Eva Calvo, responsable de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés-Santiago, patrocinador da xornada.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar o concerto de Territorio das Mulleres dentro das Festas do Apóstolo 2018. Na rolda tamén estará Mounqup, unha das artistas que participará no concerto.