Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 24 de marzo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, para presentar os resultados da Campaña de prevención das adicións aos xogos de apostas. Asiste tamén Ramón Molina, educador social de Arelar.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, para presentar a Alfombra Mundial Xacobeo 2022. Na rolda estarán tamén: Miguel Ángel García Correa, Maite Muiña Díaz e Carmen Farto Pousada, presidente, vicepresidenta e secretaria respectivamente da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño Santiago.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e os concelleiros Mercedes Rosón e Sindo Guinarte reciben a nova asociación Hostalaria.gal

12:00 h.
Na Biblioteca Ánxel Casal, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste ao acto de presentación da "I edición do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer"; xunto a Valentín García Gómez, secretario Xeral de Política Lingüística, Francisco Castro Veloso, escritor e activista cultural, María Isabel Gey Pérez, presidenta de AGADEA Alzhéimer, e distintos membros das corporacións locais nos concellos que ten presenza AGADEA.

19.00 h
No auditorio de Afundación, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na presentación dos libros "Eugenio Granell. Regreso de un surrealista exiliado", de Violeta González, e "Un diálogo entre supervivientes. Eugenio Granell y Vicente Llorens", de Inmaculada Real López, coeditados polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.

19.45 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Conversando con… Paul Daniel, previo ao concerto no que dirixe á RFG.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Feito en Hamburgo’, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel. Dentro da Temporada de Abono RFG-Auditorio de Galicia.

20.30 h
No Teatro Principal, A Panadaría presenta ‘As que limpan’, con Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.
NOTA: Ao remate, #posfunción co equipo do espectáculo

Compartir: