Previsións informativas para o xoves 14 de febreiro
11.00 h
En Área Central, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración do espazo Urban Planet.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar unha nova edición do "Teatro Foro". Na rolda estará o seu organizador, Ramón Molina.
12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
Na rúa de Triacastela, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, visitan as obras de accesibilidade que se están a executar na rúa.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Cantigas de sal", concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixido por Pedro Neves e coa fadista Cristina Branco; Mário Laginha ao piano e Miguel Amaral á guitarra portuguesa.
20.30 h
No Teatro Principal, "Gatillo da felicidade (Trigger of happiness)", dentro do programa Escenas do Cambio.