Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 4 de febreiro

10.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside, telematicamente, a constitución da Comisión de Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

17.00 h
No Salón Nobre, recepción aos membros do comité organizador das XLIII Xornadas de Colexios Maiores Universitarios.

20.30 h
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta ‘Morgana en Esmelle’, adaptación da novela de Begoña Caamaño, dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura. Dirixida por Ánxeles Cuña conta no reparto con Quico Cadaval, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Laura Míguez, Sabela Gago e Elena Seijo.

Compartir: