Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 3 de febreiro

9.00 h
No Salón Nobre de Fonseca, a concelleira Mercedes Rosón asiste á inauguración das XLIII Xornadas de Colexios Maiores Universitarios.

20.30 h
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta ‘Morgana en Esmelle’, adaptación da novela de Begoña Caamaño, dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura. Dirixida por Ánxeles Cuña, conta no reparto con Quico Cadaval, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Laura Míguez, Sabela Gago e Elena Seijo. Ao remate, #posfunción coa directora e elenco.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Arredor do piano’, concerto da Real Filharmonía de Galicia e Lars Vogt, director e piano. Dentro do Ciclo de Piano Ángel Brage e o Programa de Abono RFG-Auditorio de Galicia, cun programa íntegro de Beethoven.

Compartir: