Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 28 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
O alcalde asiste a varias plantacións de carballos no marco da campaña #1voto1árbore:

12.00 h.- Rúa Mulas, 29. Plantación con Balidea.
Ubicación: https://maps.app.goo.gl/W6hBfLSdHDZuhwMY6

12.30 h.- Parcela Entre Ínsuas (Chaián). Plantación con Inserta.
Ubicación: https://maps.app.goo.gl/Jo2cnvzFMnpUdbnA7

13.00 h.- Bando de arriba. Plantación con Limpezas Salgado.
Ubicación: https://maps.app.goo.gl/DH4bd3T6p7fUCjuF9

13.30 h.- Rúa República Checa, 38 (Cámara de Comercio). Plantación con CLECE.
Ubicación: https://maps.app.goo.gl/AfipJ6QZEzhbgJ8T7

14.00 h.- San Marcos. Plantación con Alda Hoteles
Ubicación: https://maps.app.goo.gl/kA2pRmizFeNWeR9m8

17.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita o barrio de Vista Alegre. O punto de encontro será o local da Asociación de Veciños de Vista Alegre.

19.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, reciben no Pazo de Raxoi ao conxunto alevín do Clube Viravolta que vén de proclamarse subcampión estatal no Campionato Nacional Base de Conxuntos.

19.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños Campo do Monte.

Compartir: