Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 24 de febreiro

12.15 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o tenente coronel Sergio Martín Gallego, xefe do grupo de Artillería Aérea I/74 con base en San Roque (Cádiz).

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións extraordinarias dos días 22 e 24 e ordinaria do día 27 todas do mes de xaneiro do corrente ano.
2.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para realizar un plan destinado á creación de novos servizos e a rescatar algúns dos que están en réxime de concesión ao abeiro do disposto na Lei de Orzamentos do Estado.
3.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para estudar os posibles beneficios da internalización e xestión directa municipal de varios servizos públicos estruturais para o concello.
4.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a posta en marcha dun servizo de asesoramento para evitar as ocupacións ilegais de vivenda.
5.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para coidar e difundir o patrimonio etnográfico do rural.
6.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para aprobación dun plan específico de dignificación integral do barrio de Sar.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a substitución dos multamóbiles por outros vehículos de baixas emisións para este cometido.
8.- Renovación de vogal representante do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na Comisión Asesora de Patrimonio Histórico.
9.- Dar conta de informes definitivos de control financeiro correspondentes ao plan de control financeiro do exercicio de 2021:
Informe definitivo control financeiro permanente contratos menores. Exercicio económico 2020.
Informes definitivos auditorías de contas, cumprimento e operativas sociedade TUSSA.
Informes definitivos auditoría de contas, cumprimento e operativa Fundación Refuxio de Animais.
10.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
11.- Rogos, preguntas e interpelacións.

Rogos:
1.- Presentado polo grupo municipal de CA para por en valor o Banquete de Conxo e manter o carácter veciñal e participativo da festa que o lembra.
2.- Presentado polo grupo municipal de CA para que se realicen labores de mantemento e limpeza na Praza de Sofía no barrio das Fontiñas.
3.- Presentado polo grupo municipal do PP para incrementar a instalación de desfibriladores e a formación no seu uso.
4.- Presentado polo grupo municipal do PP para a reparación de pavimentos nos arredores da Praza de San Roque e na Avda. de Xoán Carlos I.
5.- Presentado polo grupo municipal do BNG para a conservación do patrimonio etnográfico e tradicional de Santiago de Compostela.
6.- Presentado polo grupo municipal do BNG para arbitrar medidas para as persoas residentes e os locais comerciais e hostaleiros da área da rúa das Hortas, Trinidade, Carretas e San Clemente.
7.- Presentado polo grupo municipal do BNG para axilizar as xestións para a revisión dos muros na nosa cidade.
8.- Presentado polo grupo municipal de CA para o nomeamento praza ou rúa en honra a Vivencio Freire Dapena.

Preguntas resposta oral:
1.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a licitación do servizo de comedores escolares.
2.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a mellora da accesibilidade ao aparcamento reservado para o IES San Clemente.
3.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre o mantemento de varios postes no medio do trazado da nova senda peonil de Laraño.
4.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre as queixas recibidas, o control e as medidas a adoptar no servizo de axuda no fogar.
5.-Presentada polo grupo municipal so PP sobre a bonificación na taxa de residuos urbanos en zonas de recollida en días laborables alternos.
6.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre o tránsito de camións polo Camiño do Garandón en Miramontes.
7.- Presentada polo grupo municipal do BNG en relación á reapertura do centro sociocomunitario da Porta do Camiño.
8.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre as mensaxes sonoras dos semáforos.

Preguntas resposta escrita:
1.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre o peche dun camiño nas inmediacións do Polígono de Costa Vella.
2.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre os procedementos de licitación de dous contratos vinculados á EDUSI.
3.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a presenza de postes na senda peonil de conexión de Paredes de Laraño e o centro sociocultural da parroquia.
4.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre o protocolo que se segue no caso das persoas sen fogar en Santiago.
5.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre queixa da CIG en relación a permiso para megafonear polas rúas da cidade.
6.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre as preocupacións da veciñanza do barrio de San Pedro e dos Concheiros, sobre as rutas e frecuencias do autobús urbano.
7.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a empresa concesionaria do servizo de mantemento e conservación dos sistemas de control de tráfico e do túnel do Hórreo.

Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.- Presentada por CA para amparar as vítimas dos abusos cometidos en institucións vinculadas á Igrexa Católica.
2.- Presentada por CA con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
3.- Presentada por CA pola paz e os dereitos humanos en Colombia e para reclamar todas as garantías democráticas nas próximas eleccións presidenciais.
4.- Presentada polo BNG para impedir a deterioración do vello hospital das Galeras.
5.- Presentada polo BNG para apoiar as mobilizacións feministas do 8 de marzo e demandar os compromisos pendentes.
6.- Presentada polo BNG para garantir a transición cara á administración electrónica nos servizos municipais.
7.- Presentada polo BNG para a mellora dos servizos públicos en Roxos.
8.- Presentada polo PP sobre a realización de melloras de conservación e mantemento en Vite.
9.- Presentada polo PP para a elaboración dun plan de sendas peonís e ciclables no territorio municipal.
10.- Presentada polo PP para evitar a exclusión financeira.
11.- Presentada por CA o arranxo das deficiencias da escola infantil Bispo Teodomiro de Marrozos.

Compartir: