Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 22 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar o programa do Entroido 2022.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
No Hotel Monumento San Francisco, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do I Encontro do Viño Galego Revera Vinum, que organiza a Asociación Hostalaría Compostela.

13.00 h
No Museo das Peregrinacións e de Santiago (Praza das Praterías), os concelleiros Sindo Guinarte e Mercedes Rosón asisten ao acto de entrega do IX Premio Internacional APECSA 2021 de divulgación do Camiño de Santiago á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

Compartir: