Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 21 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h
No Polígono do Tambre, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa nunha nova plantación de carballos dentro da campaña Vota Carballo #1voto1árbore.
Ubicación: https://www.google.com/maps?q=42.9104554,-8.5273564&z=17&hl=es

17.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa nova xunta directiva da Confraría da Vera Cruz.

19.30 h
No local social de Pontepedriña, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños de Pontepedriña.

Compartir: