Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 2 de febreiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Centros Socioculturais, Javier Fernández; e de Educación, Rubén Prol, para facer balance dos programas de conciliación de Nadal.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

20.00 h
Na Zona C, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á inauguración da exposición ‘'Ausencias, Esencias, Presencias. Diálogos a través dunha reflexión sobre o corpo', un proxecto de Aldara Vázquez e Iris Rodríguez.

Compartir: