Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 18 de febreiro

10.00 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de apertura do evento de presentación do proxecto "ConectaHub EDAR 360 – A dixitalización no sector da auga".

11.00 h
No Polígono do Tambre (explanada fronte á Asociación de empresarios do Tambre), o alcade de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na plantación de carballos no marco da campaña Vota Carballo #1voto1árbore
NOTA: haberá un vehículo para o desprazamento ata a zona que sairá da praza do Obradoiro ás 10.40 h.

11.00 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación dos actos con motivo da Semana de Rosalía organizados pola Asociación de Veciños Raigame, a Asociación Comercio Punto Compostela, EmRede, a Asociación Hostelería Compostela, a Asociación Hostalería.gal e a Fundación Rosalía de Castro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participa no sorteo do coche da Asociación de Comerciantes Compostela Monumental e M. Caeiro, correspondente ás campañas comerciais de Nadal, Rebaixas de Inverno e Namorados.

19.00 h
No Salón nobre do Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Deber de Baltar. Medicina e compromiso".

20.30 h
No Teatro Principal, Ibuprofeno Teatro presenta ’Smoke on the water’, con texto e dirección de Santiago Cortegoso, dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Morgan que chegan co seu The River Tour, dentro da programación de Música de Compostela Cultura.

Compartir: