Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 16 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar o XVI Open Compos de Esgrima e o II Torneo de Boxeo Olímpico. Na rolda tamén estarán Manuel Blanco Arnejo, presidente do Club Garage de Compostela; e Xosé Piñeiro, do Club Compostela de Esgrima
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar os actos con motivo do Día de Rosalía. Na rolda tamén estará a presidenta da Asociación Cultural O Galo, María Antonia Pérez Rodríguez.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello (Salón Vermello), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presenta o programa Concilia Santiago. Asistirán representantes das seguintes empresas:
1) DINAHOSTING:
-Lucía González (Responsable de Márketing e Comunicación)
2) INFORHOUSE:
-Vidal Díaz Cotón (Director Xeral)
3) MESTRELAB:
-Juan Carlos Cobas (Co-fundador e Conselleiro Delegado)
-David Carballas (do departamento de Márketing e Finanzas)
-María Vanessa Castro (do departamento de Regulatoria e Subvencións)
4) MOONOFF:
-Diego Mata (Director Comercial e Socio)
-Alberto Picón (Coordinador Comercial)
5) Colexio M. Peleteiro:
-Diego Peleteiro (Director Adxunto)
6) SACAUNTOS:
-Maribel dos Anjos (Cooperativista)
7) SEGURIDADE A1:
-María Piñeiro (Directora RR.HH.)
NOTA: acto presencial.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños Santa Marta-Choupana.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, inauguración da exposición "Creadores de conciencia. 40 fotógrafos comprometidos".

Compartir: