Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 15 de febreiro

10.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Cadros dunha exposición’ coa Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño. Dentro do programa didáctico de Compostela Cultura.

10.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único.- Aprobación inicial do orzamento e cadro de persoal para o presente exercicio.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.30 h
Na Biblioteca Anxel Casal, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á presentación do proxecto documental "Xeración perdida 36", de Filmika Galaika, no que colabora o Concello de Santiago.

Compartir: