Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 10 de febreiro

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros Mercedes Rosón e Xosé Manuel Pichel para presentar a programación de Entroido dos centros socioculturais urbanos e rurais.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitan o Carballo do Banquete de Conxo. (Declaracións).
A continuación, visitan a Ponte de Vidán, tras o remate das obras de mellora.

19.45 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, conversando con… Enrico Onofri, previo ao concerto no que dirixe á Real Filharmonía de Galicia.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Postal desde Venecia’, concerto da Real Filharmonía de Galicia con Francesca Aspromonte, soprano, e Enrico Onofri, director. Dentro do Programa de Abono RFG-Auditorio de Galicia, cun programa de Vivaldi, Rossini e Boccherini.

Compartir: