Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 1 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, para presentar o programa de roteiros saudables "En marcha", organizados coa Asociación Española Contra o Cancro. Na rolda tamén estarán Francisco Pais López, presidente de AECC Santiago de Compostela, e Lucía Alvarez-Santullano Fernández-Trigales, técnico de Prevención e Promoción da Saúde da AECC Santiago de Compostela.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, para presentar os proxectos seleccionados na convocatoria de intervencións artísticas para a Zona C. Na rolda estarán tamén Aldara Vázquez e Iris Rodríguez, comisarias do primeiro dos proxectos, que se inaugura esta semana.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

20.00 h
Na Igrexa da Universidade, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á inauguración da exposición "Palabras orfas" de Soledad Penalta.

Compartir: