Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 7 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Trompicallo presenta "Osiño", dentro do Programa Didáctico.

10.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán.

11.00 h
No Salón Nobre de Fonseca, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste ao acto de recoñecemento ao Instituto de Ciencias da Educación da USC pola súa traxectoria en prol da igualdade de xénero.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o balance de actuacións de Protección Civil en 2017. Na rolda tamén estará a xefa de Protección Civil en Santiago, Begoña del Río.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Salón Nobre, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega do II Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual.

13.15 h
Na Praza de Abastos, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á inauguración da exposición "En bici, ti mesma" que organizan Composcleta e a ESAD Mestre Mateo coa colaboración da asociación Distrito Altamira dentro da programación polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

19.30 h
No Centro Abanca Obra Social (praza de Cervantes), o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, preside o acto de presentación do libro "Olimpio Pérez. Unha historia da Compostela moderna". Tamén estarán Xoán López Facal, autor da publicación; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio; e Francisco Castro, director da Editorial Galaxia.

Compartir: