Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 2 de marzo

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar os actos de celebración do Banquete de Conxo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

12.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de presentación do proxecto Digitalizadas.

18.00 h
En Salamanca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Posteriormente, (20.00 h), asiste á recepción que terá lugar no concello.

19.30 h
Na Casa Xohana Torres, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa no primeiro Debate Feminista, dentro do programa de actividades con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Compartir: