Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes no Máster en Deseño Arquitectónico, organizado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación das Xornadas de Música Contemporánea. Participan Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural; Antonio Moral, director do CNDM; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Mª Dolores Álvarez Pérez, vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC; Santiago Olmo, director do CGAC; e Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a Mostra do Posible. Na presentación tamén participarán os membros da Rede de Solidariedade Popular de Vigo, Elisa Pérez e David Esperón, e as actrices Marta Pérez e Mónica Caamaño.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alumnado do programa ERASMUS do Colexio Compañía de María.

18.00 h
Na Carballeira de San Lourenzo, saída do paseo literario Os elefantes en Compostela. O escritor Antón Riveiro Coello conduce un percorrido polos espazos que serven de pano de fondo á súa novela Os elefantes de Sokurov.

19.30 h
Na praza das Praterías, Casiano Mouriño dirixe á Banda Municipal de Música de Santiago nun concerto homenaxe á tradición dos Xesteira. Con Xaquín Xesteira á gaita, Anxo Xesteira ao acordeón e Roi Xesteira ao bombardino.

20.00 h
No Museo da Cidade (praza das Praterías), proxección do filme Intocable e coloquio sobre cidade inclusiva, dentro das actividades programadas con motivo da Semana Europea da Mobilidade.

20.00 h
No CSCX do Ensanche, asemblea de decisión das Festas do Apóstolo 2018, dentro dos Orzamentos Participativos Compostela Decide.

20.30 h
No Teatro Principal, estrea da obra Tráfico, de Carlos Santiago, con dramaturxia e dirección de Chiqui Pereira.

Compartir: