Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 26 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Alameda, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, visita a exposición de vehículos eléctricos organizada con motivo da Semana da Mobilidade.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a festa "Máis de 55 anos vivindo o Ensanche". Na rolda tamén estarán
Xaquín Mato, presidente de Raigame; Delmiro Prieto, secretario da Fundación Santiago Centro; e Eva López, presidenta de EM-REDE.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a XVI Camiñada solidaria ao Pedroso, organizada polo CD Fontiñas.

18.00 h
No Edificio docente Novoa Santos (CHUS), a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asiste á clausura das II Xornadas de Galicia sobre enfermidade renal.

18.30 h
No Teatro Principal, último concerto da XVIII Edición do Ciclo de Lied. Un percorrido pola canción lírica nacionalista eslava da man da mezzosoprano Graziela Valceva –Fierro e o pianista Maciej Pikulski.

Compartir: