Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 7 de setembro

10.00 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, reúnense coa Asociación Contra o Cancro de Santiago. SÓ GRÁFICOS.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, para presentar a II edición da Andaina Solidaria Santiago de Compostela En Marcha Contra o Cancro. Na rolda tamén estará o presidente da Asociación Contra o Cancro de Santiago, Francisco Pais.

14.00 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na xuntanza telemática da Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

16.45 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantén unha xuntanza co IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional).

17.45 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantén unha xuntanza con AELGA (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega).

19.00 h
Na Facultade de Filosofía da USC, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á estrea da curtamentraxe documental ‘Damjan e o Camiño’, que relata a peregrinación a Compostela dun grupo de persoas con diversidade funcional.

Compartir: