Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 30 de setembro

10.00 h
No Edificio Novoa Santos (Rúa Choupana, s/n), a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, participa na inauguración das V Xornadas de persoas con enfermidade renal de Galicia.

12.30 h
No Salón Nobre, recepción ás empresarias e directivas participantes no cumio FEDEPE-AECO que veñen realizando un tramo do Camiño de Santiago.

13.30 h
No Hotel Los Abetos, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto de homenaxe ao director-xerente de Fademga Antonio Fuentetaja.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia ofrece o concerto Sensoxenoma23 aberto ao público, dirixido por Baldur Brönnimann e cun programa sorpresa.
Ás 18.00 h atenderán os medios a alcaldesa e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; a conselleira e Política Social, Fabiola García; os investigadores principais do proxecto, Antonio Salas e Federico Martinón; e o director artístico da Real Filharmonía, Baldur Brönnimann.

19.30 h
Na Colexiata de Sar, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de homenaxe a José Porto Buceta, organizado pola Asociación Folklórica Colexiata do Sar e a Comunidade Parroquial de Sar.

Compartir: